O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

SESIÓN DE CONTOS NO CONCIENCIA SEN CIENCIA Nº 60 DE RADIO FILISPIM

Get this widget Track details eSnips Social DNA

Unha de contos, nesta ocasión experimentamos e ata nos atrevemos con poemas.

Unha sesión experimental de conciencia sen ciencia para relaxarse,

e escoitar relatinhos de Castelao, Carlos Casares;

ademais, a lenda de

Pepa a loba e o seu paso por Ares. Tamén nos acompanharán escritos

de Manuel María e o sensacional poema "A aldea" de Valentín Lamas Carvajal.

Pero non vos preocupedes, que non esquecémola contrainformación e en

vindeiros programas continuaremos coma sempre; contrainformando!




0 comentarios:

Publicar un comentario