O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho Nº 32


sábado 6 de Novembro

Neste programa destacamos os seguintes contidos:

- Bartolo Fuentes, coordinador departamental do Frente de Resistencia e sindicalista Hondureño, acompañouno no mesmo estudo para analizar a situación que vive o país.

- Especial Acto Homenaxe aos Represaliados do Campo de Concentración de Cedeira.Escoitaremos as verbas de familiares de represaliados. Falaremos da situación, dos presos, e da súa vida no campo.

- Vicente Álvarez Areces, presidente asturiano, mandounos unha mensaxe ao Recuncho falándonos da figura de Xosé Loureiro Lugrís.

- Especial – en directo - inauguración do novo local de Fuco Buxán.

- Na sección poética, recuperamos, no centenario do nacemento, a figura de Miguel Hernández.

- Coma de cotiá, José Torregrosa coa sú sección “O espertar da razón”.





Descargar o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario