O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 36


Neste programa destacamos os seguintes contidos:

- Rocío, do Foro Galego da Inmigración estivo reunida coa directiva de Fuco Buxán. Estivonos falando dos aumentos de casos de xenofobia e racismo, aparecidas a partires do estoupido da crise.

- Entrevistaremos a Mari Morado, presidenta do Grupo Diversidade Funcional de Ferrol, a cal preguntarémoslle dos principias obstáculos que se atopa este colectivo de persoas na nosa cidade.

- Coma de cotiá José Torregrosa coa súa sección “O espertar da razón”: “Poetas presos, presos de agora”.

- No estudo de Radio Filispim : Eliseo Fernández Fernández. Historiador e membro do Ateneo Libertario. Con Eliseo falaremos de Anarquismo e movemento obreiro.

Na sección poética levada por Lorena Calaza: O poeta Andrés Neuman.



Descargar o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario