O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 39


sábado 12 de Marzo

Neste programa destacamos os seguintes contidos:

- Comentaremos da polémica Lei de Augas de Galicia e da creación dunha Plataforma para a súa derogación.

- Actualidade países norte África.

- Falaremos dos medicamentos xenéricos con Rebeca Iglesias, farmacóloga do área sanitaria de Ferrol.

- No estudo de Radio Filispim, Manuel Rodrígez Carballeira, Lalán, abordará o tema das Mesas de Converxencia que estanse a crear tanto en Ferrol coma en diferentes punto do Estado.

- Na sección poética levada por Fernando Ocampo e Lorena Calaza: Álvaro Cunqueiro.

- Coma de cotiá: " O espertar da razón" levado por José Torregrosa.


Descargar o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario