O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recucnho nº 44


martes 26 de Abril


Neste programa destacamos os seguintes contidos:
- Falaremos telefónicamente Karlotti, o cal nos falará da nova edición da semana da Poesía Salvaxe a cal comezará o mércores 27 de Abril.
- Tamén telefónicamente teremos a poetisa Eva Veiga.Falaranos do seu libro, “A Frecha Azul do Teixo”.
- Na sección poética levada por Fernando Ocampo e Lorena Calaza: o poeta portugués Fernando Pessoa.
- Recordaremos a Revoluçäo dos Cravos portuguesa.
- Coma de cotiá: " O espertar da razón" levado por José Torregrosa.


Descargar o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario