O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 56


Ante a dificultade de facer o programa o pasado martes e o vindeiro, excepcionalmente, e co desexo de seguir en contacto coa nosa xente, a emisión nº 56 de O Recuncho, o programa semanal da Asociación cultural Fuco Buxán, terá lugar, en directo, o Sábado, 23 de xullo 2011, de 11 a 12 hs. No 93.9 FM de Rádio FilispiM.

Abordaremos os seguintes contidos:

Conversa no estudio con membros das Mesas de Converxencia Ferrolterra “Praza Pública”.
José Torregrosa no seu espazo “O Espertar da Razón” entrevistará a Rafal Pillado, en torno as súas Memorias.
As novas de Fuco Buxán para estas datas.
Breve crónica da V Marcha a Pé Ferrol-Mugardos que o Comité Cidadán de Emerxencia organiza para este venres día 22.
Victor G. Novás, falará dos seus libros recomendados.
Lorena Calaza no apartado de poesía traenos a Xulio López Valcárcel.



Descargar o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario