O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 68







Martes, 18 de outubro 2011, no 93.9 FM Ràdio FilispiM, “O Recuncho” nº 68, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, con os seguintes contidos:
Invitado no estudio: Suso Basterrechea, artista plástico e membro de EU.
Faremos unha valoración do 15.O, a xornada mundial polo cabio global.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “¿É necesaria a Banca?”.
“Os libros recomendados” de Víctor G. Novás.
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Eduardo Pondal
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.

Descargar o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario