O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

Suspensión temporal da programación en Ràdio FilispiM

Por averia técnica, non queda outra que suspender a programación de "O Recuncho" en Rádio FilipiM. Sentímolo e pregamos disculpas.
Agradecemos o voso seguimente e o voso apoio de sempre e desexámovos no vindeiro 2012 toda a enerxía e toda a forza para seguir loitando pola solidaridade, a igualdade e a xustiza social.

Nota de Ràdio FilipiM
26 Dezembro, 2011

Pausa nas emisións de Radio FilispiM

Por motivos técnicos, Radio FilispiM non está dispoñible actualmente, nin no dial 93.9 FM, nin na emisión en streaming. Esperamos solventar ditos problemas nun breve espazo de tempo.

Polo tanto, o Colectivo OPAII descúlpase convosco, máis tamén manda a tranquilizadora mensaxe de que non está a ocorrer nada "anormal", simplemente a radio non funciona temporalmente a causa dunha avería técnica.

0 comentarios:

Publicar un comentario