O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

Especial O Recuncho nº 100

De O Recuncho


ÁLBUM FOTOGRÁFICO

CARÁTULAS DOS PROGRAMAS

Martes, 12 xuño de 2012, de 17,30 a 19,30 hs, no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg “O Recuncho” nº 100, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, Neste programa especial e durante dúas horas faremos unha recopilación de temas emitidos ao longo destes catro anos. Entrevistas, Libros, Novas, Teatro, Poesía, Música, e a participación en directo dos compañeiros e compañeiras que con moita ilusión, desde 0utubro do 2008 até hoxe, fixeron posibles estes 100 programas: María Teresa Martínez, Lorena Calaza, José Torregrosa, Iago Montes, Miguel Castro e Fernando Ocampo. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

0 comentarios:

Publicar un comentario