O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 145

Martes, 9 deXullo de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. Ate o fin de Agosto, cada martes emitimos unha grabación con novos temas ou recopilación de programas anteriores. “O Recuncho” nº 145, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Lembrando o programa nº 75 de decembro 2011. O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”Os inicios do affaire Undargarin” Coloquio Monarquía – República. Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: O chileno Nicolás Parra, Premio Cervantes - 2011 Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás: “Esperanzas y Realidades” de Noam Chomsky. Teatro radiofónicobreve: “La Violetera” de José Torregrosa. Novas e comunicados actuais, por Fernando Ocampo. Música: Música de Cine Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040

0 comentarios:

Publicar un comentario