O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 181

Mércores, 30 de abril de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
O Recuncho” nº 181 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Juan C. Valle “Karlotti” para facer unha valoración da pasada VII Semana da Poesía Salvaxe e recitar algún dos seus poemas.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”Gabriel García Márquez ”
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo
Música: Latinoamérica.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040
 

0 comentarios:

Publicar un comentario