O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 195

Mércores, 20 de agosto de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. Até o fin de Agosto, cada mércores emitimos unha grabación con novos temas ou recopilación de programas anteriores. “O Recuncho” nº 195 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Reposición do Programa nº 138, emitido en maio do pasado 2013. Invitados:A poeta e escritora pontense Medos Romero e o Coordinador do CCE Manuel Rodríguez Carballeira- Ley Wert, retornando ao “Florido Pensil”. O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Elogio del ganster: El Gran Gatsby” Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás Música: Aram Kachaturiam. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: fucobuxan@gmail.com

0 comentarios:

Publicar un comentario