O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 34


Edición nº 34 de O Recuncho,

o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán.

Contidos:

- Nos últimos tempos, estamos a percibir como cada vez máis xente infórmase a través de medios alternativos, sexa a través de Internet ou coma no caso do noso programa pola Radio libre e comunitaria. André Pastor, un dos fundadores de Radio Filispim, explicaranos en que se basea un medio de este tipo e como é a organización destes medios de comunicación.

- No estudo acompañarannos: Rosa méndez, especialista en Patrimonio, Miguel Rodríguez, aparejador e autor dun estudo de rehabilitación do Rena e Miguel Raimúndez , arquitecto. Plantexándolles a seguinte cuestión: Ferrol, modelo urbanístico a seguir.

- Na sección poética, esta vez levada por Fernando Ocampo e Lorena Calaza, trataremos ao poeta Claudio Rodríguez.

- Coma de cotiá José Torregrosa coa sú sección “O espertar da razón”.




Descargar o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario