O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 144


 Martes, 2 de xulio de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. “O Recuncho” nº 144, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Grabacións actuais e fragmentos rescatados dos programas nº 55 e 57. Reganosa e Megasa no Parlamento Galego. Lembrando unha entrevista a Irene Sabaté, Doutora en Antropoloxía Social. Biografías Obreiras de Ferrol. O “Espertar da Razón” de José Torregrosa. Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Ondjaki. Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás : “Comprometeos !” de Stéphane Hessel. Novas e comunicados, por Fernando Ocampo. Música: Teresa Salgueiro e outros. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: fucobuxan@gmail.com

0 comentarios:

Publicar un comentario