O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 149


Martes, 6 de agosto de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. Ate o fin de Agosto, cada martes emitimos unha grabación con novos temas ou recopilación de programas anteriores (nºs. 72 e 104). “O Recuncho” nº149 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: A profesora Pilar Patinho e a nosa compañeira Lorena Calaza, achégannos á figura e á obra de Luisa Villalta, poeta e dramaturga. Breve teatro radiofónico, cun fragmento de “O paseo das esfinxes”. Entrevista a Chelo Carballal, directiva de Fuco Buxán: “Hopper e o cine”. O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ” Os tres tabúes da campaña electoral ” reemisión do progr, do 15.11.2011. Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás : “Contra la neutralidad” de Pascual Serrano. Música: Zeca Afonso. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: fucobuxan@gmail.com 

0 comentarios:

Publicar un comentario