O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán en Radio FilispiM
Quen somos?
A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.
Mércores, 23 de xullo de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. Até o fin de Agosto, cada mércores emitimos unha grabación con novos temas ou recopilación de programas anteriores.
“O Recuncho” nº 192 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Novas e comunicados de actualidade.
Intervencións de Luz Marina Torrente, Lupe Cés e Lalán, ao remate da VIII Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, do pasado venres.
Recuperando parte do programa nº 72 de Novembro 2011:
A profesora Pilar Patinho e a nosa compañeira Lorena Calaza, achégannos á figura e á obra de Luisa Villalta, poeta e dramaturga.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Os tres tabúes da campaña electoral”.
“Os libros comentados” de Víctor G. Novás: “Contra la Neutralidad” de Pascual Serrano.
Música: José Afonso “Zeca”.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com
Emisión en directo:
Tódolos Martes de 18:30 a 19:30.
Repetición en diferido:
Mércores, de 15:00hs. a 16:00hs, sábados de 11:00 a 12:00 e Domingos, de 20:00hs. a 21:00hs.
0 comentarios:
Publicar un comentario