O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O recuncho nº 6

Neste novo recuncho temos a conferencia de Luis Montes,
coordinador do Hospital Severo Ochoa de Madrid; que nos conta
o sucedido no "caso Leganés".
Tamén contamos a visita Yolanda Alegría, orfebre
boliviana, que gracias a un proxecto, levado a cabo entre Solidariedade Internacional e a Obra social da Caixa Galicia; poderán incorporar á rede de comercio xusto, alfaias elaboradas por mulleres de barrios marxinais.

Ímosvos presentar á Asociación Caleidoscopio que coñecimos no Foro Social Galego.
Na nosa entrevista teremos a dous integrantes da Rede Troco e da cooperativa de A Xoaniña, Elena e Xan, cos que falaremos destas iniciativas.
Fixemos, coa axuda dun par de exemplares de El Militante, unha moi interesante análise da crise mundial a nivel do Estado Español, e das solucións do goberno a esta crise. María Paz volve queimando historias, co seu espazo sobre ONG´s; cun conto mozambiqueño.Tamén hoxe, descubriremos á ONG Lena e á fundación Vicente Ferrer.
Unha aperta, e ata o próximo recuncho ...

Descarga o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario