O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O recuncho nº 7

Como era de esperar temos amplas informacións sobre os acontecementos en Palestina. Cooperantes Internacionais que traballan en defensa dos Dereitos Humanos na Franxa de Gaza testifican sobre os acontecementos das últimas horas. Falamos con Jorge Rodríguez voluntario da Ong Solidariedade Internacional, que andivo fai ben pouco por Israel e Palestina. Ademais en todo o mundo se están a producir concentraciós e manifestacións en contra do terrorismo sionista, e Galiza non podía ser menos; contámosvos as concentracións en Ferrol, así como a reunión de colectivos en Santiago en defensa de Palestina.
No Foro Social Galego coñecimos a Redes Cristianas, e vos ensinamos o seu sorprendente manifesto pola laicidade. Na entrevista de hoxe acompáñannos Fanny e Paula, coordinadoras da Ong Ayuda en Acción na comarca de Ferrolterra.Falamos coa asociación AGAPANT, directamente con Eva Ventín, de Vigo; para falar deste tema: O 65% dos traballadores de CNN en Español Radio estám inhabilitados e baixo ameazas de morte.
Seguimos dentro de 15 dias.


Descarga o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario