O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O recuncho nº 8

Este sábado 24 de Xaneiro de 11 a 13 horas en Radio Filispim,(93.9 FM) emitiuse
en directo a octava edición de "O Recuncho" o programa radiofónico da A.C. "Fuco Buxán".
Neste programa seguiremos prestando unha gran relevancia aos sucesos acontecidos en Palestina,
falando en directo vía telefónica con Mohammed Safa, representante da OLP en Galicia.
Estivemos na manifestación en contra dos ataque sionistas de Israel en Palestina xunto con 15.000 personas,
e tivémola oprtunidade de falar con cidadáns árabes que estaban na manifestación,
con representantes do grupo de xudeus antisionistas, con Antón Reixa ou con Yolanda Díaz.
Falaremos da homenaxe que a Asociación Memoria Histórica Democrática dedicará a Amada García,
a comunista mugardesa fusilada en San Felipe un 27 de xaneiro, hai 71 anos .
En directo, no plató, Cholo, creador do portal de internet Komunikando.net ,
punto de encontro na música galega non subvencionada, e tamén socio e parte activa do Colectivo OPAII.
Tamén vía telefónica, falaremos con Dolores, vicepresidenta de Asociación Dereito a Morrer Dignamente,
a cal nos falará da homenaxe realizada a Ramón Sampedro.


Descarga o audio

1 comentarios:

  1. Anónimo dijo...
     

    OPA AHÍIIII tamen en canarias escoitamos radio filispin,animo compañeiros.Facedes 1 programa de puta madre.1 forte aperta, Danielo.

Publicar un comentario