O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 9

Neste novo programa,do 7 de Febreiro destacan os seguintes contidos.

- Prestaremos gran atención a homenaxe que se lle brinda o mesmo 7 de Febreiro a Carmelo Teixeiro, un dos fundadores do Comité Cidadán de Emerxencia e de Fuco Buxán, falecido hai un ano.

- Seguiremos falando de Palestina, así coma das movilización que houbo en Madrid en apoio o goberno cubano, en resposta o acto apoiado por Esperanza Aguirre en contra da revolución cubana.

-En directo, no plató, Gerardo, director técnico e psicólogo de Asfedro, a asociación de axuda aos drogodependentes, o cal nos falará da situación actual de Ferrolterra e falaranos de cal é o traballo da asociación.

-Escoitaremos ao compañeiro da corriente marxista internacional El militante, Miguel Campos. Estivo falando para Radio Filispim da súa estancia en Venezuela e dando datos de cómo se atopa o país, en pleno proceso revolucionario.

- Tamén, por suposto, falaremos con veciños afectados polos cortes de luz de Fenosa, despois do temporal que pasou pola comarca.

Un saúdo, dende O Recuncho.

Descarga o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario