O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho n º 10

Moi boas dende O Recuncho. O sábado 21 de Febreiro, no noso xa décimo programa abordamos os seguintes temas:

- Manifestación en Santiago de Compostela da rede "Galicia non se vende".

- Entrevista con Nanina da revista feminista Andaina.

- Falamos e escoitaremos poemas de Eduardo Galeano.

- Falamos en directo con César Fraga, traballador de Megasa.o cal nos fala da situación que están a pasar na empresa coas súas movilizacións.

- Especiais musicais, remix clásicos e música de gratis.

- En directo, no plató, José Torregrosa, mestre e directivo de Fuco Buxán.

- Iago trae duas novas seccións: "O MENOs media" e "De Gratiss"

Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.

Descarga o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario