O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O recuncho nº 5

Neste 5º programa do martes 9 de Decembro temos as verbas de Mohammed Safa, representante da Olpa en Galicia o cal fala da situación, tan complicada, que está a vivir o pobo palestino.
En directo tivemos a María Paz, directora de Solidariedade Internacional Galicia e a Bernabé, administrativo desta ONG.
Tamén tratamos o Foro Social Galego e podemos escoitar unha entrevista en exclusiva con Xosé Manuel Beiras, histórico político Galego.
Un saúdo, dende O Recuncho.

Descarga o audio

1 comentarios:

  1. Anónimo dijo...
     

    Moi interesante, pero quizais axudara unha breve reseña indicando día e temáticas.
    Apertas.

Publicar un comentario