O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho n º 13

Estimados oíntes, este sábado 4 de Abril, un novo espazo de "O Recuncho". Neste novo programa prestamos especial atención aos seguintes temas:

- AXUNICA é unha ONG de cooperación para o desenvolvemento económico e social de los nicaraguanos, falamos con Ana Mª Vila Montero, fundadora deste proxecto.

- Tratamento especial do Festival de Radio Filispim que se realizará o xoves 9 de Abril no “Inferniño”. Falamos con André “ o pequeño Monstro”.

- No espazo adicado á poesía tratamos a Alfonsina Storni.No estudo, falando con nós de Teatro están Fernando Ocampo e Esperanza Vidal que nos traen unha sorpresa en formato de serial: "Panchiño". Tamén falamos con Helga, directora teatral.





Descarga o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario