O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 14

Estimados oíntes , o sábado 18 de Abril, prestamos especial atención aos seguintes temas:
- Conmemoración do aniversario da 2ª República. Escoitaremos audios de diferentes personaxes históricos relevantes do momento. Tamén estivemos na conferecia organizada pola asociación de memoria histórica acerca da 2ª República. Falan Xose M. Suárez e Eliseo Fernández dos logros e problemas que se atopou a República.
- Escoitaremos a representantes dos diferentes colectivos que participaron no festival de Radio filispim.
- No estudo, en directo, o historiador e directivo de Fuco Buxán Enrique Berrera, o cal nos presentará o seu último libro " Pisbes e a Peninsular Madereira" e nos falará dos logros da 2ª República.
-No apartado poético: Miguel Hernández.
- Coma sempr, os apartados " Menoss Media" e " De Gratiss"

Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.


Descarga o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario