O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 15

Neste novo espazo correspondente ao 2 de Maio atoparedes os seguintes temas:

- CONFERENCIA D. Federico Mayor-Zaragoza (Ex Director Xeral da UNESCO e Copresidente do Grupo de Alto Nivel para á Alianza de Civilizacións)
- Conmemoración do día do libro expoñendo diferentes traballos realizados polo programa .
- En directo, no noso estudo, falaremos con Karlotti e Guillermo Ferrández, impulsores da " Semana de poesía salvaxe"
- Tamén no estudo , Jorge Porto presidente do comité empresa de Pull and Bear, falaranos das reivindicacions e loitas que están levando a cabo os traballadores desta empresa .

Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.





Descarga o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario