O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O recuncho nº 18

No programa nº 18 trataremos os seguintes contidos:

- Especial golpe de estado en Honduras: Teremos no Recuncho as verbas de Erasto Reyes, sindicalista, avogado e dirixente da fronte nacional contra o golpe de estado en Honduras, o cal estará o venres 16 de Outubro, ás 18.30 na galería Sargadelos.
Tamén falaremos vía telefónica, directamente dende Honduras a María Castro, ferrolana que leva traballando dous anos en Honduras e que está a vivir dende o comezo o gole de estado.

- Unha treintena de mestres pasaron dous días nas instalacións da escola de idiomas de Ferrol, en protesta polos recortes de plantilla previstas pola concellería de educación. Falaremos en directo con María Vilaverde, voceira dos mestres da escola de idiomas as reivindicacións.
- O sábado 17, mentres se emite O Recuncho hai convocada a manifestación en Vigo de " Pobreza Cero". Falaremos en directo con Nuria Fernández, a cal é integrante da Rede Social Ferrolterra, a cal organizou os actos da campaña en Ferrol, falaremos con ela dende a mesma manifestación.
- Comezaremos un novo espazo levado por José Torregrosa, director da revista de Fuco Buxán chamado " O despertar da razón".

No apartado poético: Antonio Machado

Sen máis, un saúdo dende O Recuncho
--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM
Podes escoitar a repetición dos programas os domingos de 19 a 21 horas e os mércores de 15 a 17 horas ou na nosa web:

www.recunchofuco.blogspot.com

Descarga o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario