O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O recuncho nº 19

Neste programa temos preparados os seguintes contidos:

- Manuel Sarille . Presentando o libro “ Polos fillos dos fillos” , obra adicada a sucesos acontecidos en Galicia na Guerra civil.
- Susana Alaniz, ex-presidenta da asociación de uruguaios en Ferrolterra estará no estudo de Radio Filispim para falar da situación dos extranxeiros na nosa comarca, das actuais eleccións que están tendo lugar en Uruguay, así coma da dictadura sufrida polo seu país..
- Escoitaremos audios da conferencia Pablo Cormenzana , dirixente sindical de fábricas ocupadas e baixo control obreiro en Venezuela.
- De novo, na teremos a sección "O despertar da razón" levada polo compañeiro José Torregrosa.
- No apartado poético teremos a Celso Emilio Ferreiro. Traballo realizado polo compañeiro Fernando Ocampo.
Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.

Descarga o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario