O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 20


No programa nº 20 tratarémolos seguintes contidos:

-Falaremos con Pilar Ces, integrante da Ampa do colexio Manuel Masdías. Tanto o colexio, coma os pais e nais dos alumnos, están reclamar a consellería de educación máis profesorado de apoio, pois o centro conta con gran cantidade de alumnado con necesidades educativas especiais.
- No estudo de Radio Filispim estará Manuel Rodríguez Carballeira, "Lalán", e nos falará das novas do comité cidadá de emerxencia.
- Falaremos con Victoria Fernández, directiva de Fuco Buxán, a cal estivo a participar nas xornadas da " Semana dos maiores".
- Novo espazo da sección "O despertar da razón", levada polo compañeiro José Torregrosa. Esta semana: "Cine e sociedade".
- Fernando Ocampo traenos no apartado poético a Luis Cernuda.

Sen máis, un saúdo dende O Recuncho

Descarga o audio

1 comentarios:

  1. Anónimo dijo...
     

    僑泰廚具網專營 系統傢俱,客制化系統家具,廚具,歐式廚具櫥櫃,系統櫃,家具工廠,系統家具工廠,本公司採用全自動化加工設備及各式大型半自動生產機具及一流經驗操作人員和嚴格的品質管制,提供室內設計為客戶生產精緻完美,高品質的產品。歡迎參觀指教喔!

Publicar un comentario