O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 23


Neste novo programa achegámosvolos seguintes contidos:


- Entrevista en directo a Jordi Pedret, deputado do PSC e
vicepresidente da Ong "ACSUR - Las segovias".

- Acompañaranos no estudio Nes, compañeiro de FilispiM,así como membro de ADEGA, Massa Crítica e Ferrol Troca; e falaranos destas organizacións así como de ecoloxismo.

- Entrevista telefónica con Esmerita Ramírez, que nos actualizará información sobre o movemento cultural en Cuba, e ademais, como galano, recitaranos uns poemas.

- "O despertar da razón" de José Torregrosa.

- Tamén desfrutaremos da sección de poesía da man de Fernando Ocampo.

Descarga o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario