O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 24



Nesta ocasión, cos seguintes contidos:

- En directo con Delfina Bañobre, directora do CPI Atios e portavoz comarcal da plataforma " Queremos Galego".

- Ante a proposta de regulación de emprego na empresa Megasa, falaremos cun portavoz dos traballadores o cal nos expresará a nova situación na que se atopan.

-Desde o estudo de Radio Filspim, Antonio García Jiménez, médico da UCI do hospital Arquitecto Marcide que falará da súa profesión e das diferentes visións desde onde abordala.

- O historiador Enrique Barrera contaranos a historia de Amada García, mugardesa fusilada no castelo de San Felipe en 1938 xunto con outras sete persoas.

- José Torregrosa, coa súa sección " O despertar da razón", fará referencia a Homenaxe a Cuco Ruíz de Cortázar.




Descarga o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario