O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 25


Contidos:

- Entrevista a Moncho Aboal, secretario do equipo de fútbol base Rácing de San Pedro,que nos falará dos problemas que ten o deporte aficionado na nosa comarca.

- Escoitaremos audios da conferencia organizada por Fuco Buxán de Gaspar Llamazares, presentando o libro “Al rojo vivo”.

- En directo, no estudo Nieves Monteiro Vargas e María Teresa Vilariño Lorenzo as cales nos falarán do traballo que estase a realizar no taller de promoción da Muller de Caranza e dos problemas que se atopa a poboación de etnia xitana na nosa comarca.

- María Castro, desde Honduras, daranos as últimas novas dos acontecementos que están tendo lugar tras as elecións golpistas.

- Na sección poética: poemas de Bertold Brecht.

- José Torregrosa coa súa sección “O Despertar da Razón” traeranos: “ A morte do poeta”.

Para a descarga do arquivo, clica co botón dereito en "descargar" e preme a opción gardar arquivo como.

Descarga o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario