O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 26



- No estudio María Castro, recén chegada de Honduras a cal nos falará do documental que vai presentar na nosa cidade o martes 2 de marzo “ Honduras: La batalla por la dignidad ".

- Xunto a María, vía telefónica, Alicia Valverde, hondureña gran coñecedora da realidade social do seu país.

- Tratamento especial das novas acontecidas en torno a planta de gas de Reganosa.

- Na sección poética, levada por Fernando Ocampo, Bernardino Graña.

- José Torregrosa coa súa sección “O Despertar da Razón” traeranos: A escola, unha fiestra cara o mundo.

- Especial El accidente de Chernóbil.

Descarga o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario