O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 28

Estimado@s compañeir@s, este sábado 10 de Abril tivemos un novo programa de O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán.

Neste programa destacamos os seguintes contidos:
- En directo, no estudo de radio Filispim o pintor Víctor García Novás e o poeta Juan Carlos Valle “Karlotti” presentando a exposición “El color de la dignidad”.
- Escoitamos as verbas de Xose Manuel Beiras, hitórico político galego.
- Falamos con Santiago, propulsor da iniciativa Pucha Kucha en Ferrol, a cal se realizou por primeira vez na nosa cidade no teatro Jofre.
- Na sección poética, levada por Fernando Ocampo, Jose Agustín Goytisolo.
- Coma de cotiá, José Torregrosa coa sú sección “O despertar da razón”.

Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.



Descargar o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario