O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 29

Neste programa abordamos os seguintes contidos:

- Contactamos en directo coa manifestación que tivo o sábado 24 en solidariedade co xuiz Garzón . Co lema: “Verdade, xustiza, reparación”.

- En directo, no estudo de radio Filispim Benigno López da ong solidariedade galega co pobo saharaui.

- Do 22 ao 27 de marzo deste ano 2010, estiveron en Ferrol dúas antropólogas catalás – Susana Narotzky e Irene Sabaté – facendo un traballo sobre a Megasa Siderúrxica S.L., dentro dun estudo máis amplo da siderurxia en España. O Recuncho falou con elas.

- Na sección poética, levada por Fernando Ocampo, aniversario da morte de Mario Benedetti.
- Especial día do libro.

- Coma de cotiá, José Torregrosa coa sú sección “O espertar da razón”.

Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.
Descarga o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario