O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 33


Neste programa :

-Especial Sahara. Estiveron Mayte e Benigno no estudo de Radio Filispim, representantes da ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, os cales falaron da traxedia que sofre o pobo Saharaui.

-Contactamos con ADMED, cidadán Saharaui que nos falou dende o campo de refuxiados de Tinduf, en Arxelia.

-8º aniversario do afundimento do Prestige. Falamos con Mercedes Martín, concelleira de Medio ambiente de Camariñas e vicepresidenta da Fundación Man, quen nos falará das consecuencias do afundiemento deste tristemente famoso buque e do estado da obra do famoso artista alemán.

-21 de Novembro: Todos a Compostela a defender a sanidade pública. Falamos en directo con Inácio Martínez Orero, un dos firmantes do comunicado “ A privatización ao pé da casa” e membro do colectivo Ártabra 21.

-Na sección poética, esta vez levada por Lorena Calaza, tratamos ao poeta Ángel González.

-Coma de cotiá José Torregrosa, coa sú sección “O espertar da razón”: Luis García Berlanga.

Un saúdo, dende O Recuncho.


Descargar o audio

1 comentarios:

  1. Miguel Castro dijo...
     

    PArece que he solucionado los problemas que tenía de descarga(este mundo de los 1 y los 0 es una locura para mí)
    Un saludo a tod@s. Miguel.

Publicar un comentario