O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 110

Martes, 21 de agosto de 2012, de 17,30 a 18,30 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg Ate o fin de Agosto, cada martes emitimos unha grabación con novos temas ou recopilación de programas anteriores. “O Recuncho” nº 110 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Escoitaremos novas e comunicados de actualidade (Exposición de Víctor G. Novás, Rolda de Prensa de Lazos Pro Solidariedade, Accións de Recuperación de Espazos Públicos, Actos da Memoria en mañón, etc.) e tamén algún tema do programa nº 78 do pasado xaneiro, con música de Nolwen Leroy, poesía do chileno Vicente Huidobro, os libros de Víctor Novás e unha entrevista a Eliseo Zaera e Ramon Veloso, daquela Presidentes salinte e entrante do Ateneo Ferrolán, que nestes momentos que pretenden facer difíciles ao Ateneo, poden resultar de interese. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: opafuco@gmail.com

0 comentarios:

Publicar un comentario