O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 111

Martes, 28 de agosto de 2012, de 17,30 a 18,30 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg Ate o fin de Agosto, cada martes emitimos unha grabación con novos temas ou recopilación de programas anteriores. “O Recuncho” nº 111 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Novas e comunicados de actualidade: Mobilización “Sen Papeis” día 31; Razón socialista en Valdoviño; Acción Directa, recuperando espazos públicos... Reemisión da entrevista ao Dr. Carlos Piñeiro sobre os recortes da Sanidade Pública. O Espertar da Razón de José Torregrosa: Inmigración e Sanidade Pública (Progr. 70) Os libros recomendados de Víctor Novás. Poemas de César Vallejo e Música de Chabuca Granda Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com

0 comentarios:

Publicar un comentario