O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 190

Mércores, 9 de xullo de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. Até o fin de Agosto, cada mércores emitimos unha grabación con novos temas ou recopilación de programas anteriores. “O Recuncho” nº 190 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Novas e comunicados de actualidade. Reposición da 1ª parte do programa nº 100 (12.06.2012) no que celebrabamos os 4 primeiros anos de O Recuncho. Entrevistas, Libros, Novas, Teatro, Poesía, Música, e a participación en directo dos compañeiros e compañeiras que con moita ilusión, desde 0utubro do 2008 até hoxe, fixeron posibles estes 100 programas: María Teresa Martínez, Lorena Calaza, José Torregrosa, Iago Montes, Miguel Castro e Fernando Ocampo. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: fucobuxan@gmail.com

0 comentarios:

Publicar un comentario