O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 191

Mércores, 16 de xullo de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. Até o fin de Agosto, cada mércores emitimos unha grabación con novos temas ou recopilación de programas anteriores.
O Recuncho” nº 191 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Novas e comunicados de actualidade.
Fragmentos dunha entrevista a o noso compañeiro Manolo Cendán, realizada por Iago Montes e Miguel Castro, no programa nº 4 de o Recuncho, hai 6 anos, na que se falaba dos inicios de Fuco Buxán, da figura de Carmelo Teixeiro e da problemática da Planta de Gas.
E outros fragmentos do pasado prog, 147 de hai un ano, coa poesía de Manuel María – na voz de Lorena Calaza
Na parte musical serán cancións feitas cos poemas de Manuel María, e no comentario de Víctor, toca desta volta unha documental que leva por título “La corporación”.
O Espertar da Razón de José Torregrosa: “El niño de la bicicleta”
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com

0 comentarios:

Publicar un comentario