O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O Recuncho nº 192

Mércores, 23 de xullo de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. Até o fin de Agosto, cada mércores emitimos unha grabación con novos temas ou recopilación de programas anteriores. “O Recuncho” nº 192 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Novas e comunicados de actualidade. Intervencións de Luz Marina Torrente, Lupe Cés e Lalán, ao remate da VIII Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, do pasado venres. Recuperando parte do programa nº 72 de Novembro 2011: A profesora Pilar Patinho e a nosa compañeira Lorena Calaza, achégannos á figura e á obra de Luisa Villalta, poeta e dramaturga. O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Os tres tabúes da campaña electoral”. “Os libros comentados” de Víctor G. Novás: “Contra la Neutralidad” de Pascual Serrano. Música: José Afonso “Zeca”. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: fucobuxan@gmail.com

0 comentarios:

Publicar un comentario