O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O recuncho nº 2

Neste 2º programa atopamos as verbas do cónsul cubano en Galicia e Asturias, Alejandro Fernández, o cal nos fala dos problemas orixinados polos furacáns pasados pola Illa.

Seguimos o caso do Cabo Gago. Neste programa falaremos co seu irmán.
En directo tivemos a Marichi Cuadrado, directiva de Fuco Buxán.
Tamén, en directo, tivemos vía telefónica a cidadáns que nos falan dende a manifestación da Plataforma Pobreza Cero, en Vigo, e tamén dende alí fálannos da concentración da Marcha Mundial Das Mulleres.

Descarga o audio

2 comentarios:

  1. Anónimo dijo...
     

    Moi bem este segundo programa estibo moito melhor

  2. Miguel Castro dijo...
     

    gracias, a ver se mantémola linha!

Publicar un comentario