O Recuncho

O programa da Asoc. Cult. Fuco Buxán
en Radio FilispiM

Quen somos?

A Asociación Cultural "Fuco Buxán", abre un novo lugar de encontro, O Recuncho, realizado polos compañeiros Miguel Castro, José Torregrosa, Lorena Calaza, Víctor G. Novás e Fernando Ocampo. O Recuncho é un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. e desde aquí invitamos a participar, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen.

O recuncho nº 3

Neste Recuncho nº 3 atopamos unha entrevista en exclusiva con Santiago Carrillo e coa súa muller Carmen.
Falamos tamén con César Fraga, do comité de empresa de Megasa.
"A ría na rúa", interesante iniciativa do Comité Cidadá de Emerxencia a cal seguimos no programa.
Na axenda de Trasancos coñeceremos iniciativas como a masa crítica, o que están a facer no comedor do colexio Atios e tamén escoitaremos unha conferencia realizada polo Militante.
Un saúdo dende O Recuncho.

Descarga o audio

0 comentarios:

Publicar un comentario